A biblioteca pública de Sarria contará cunha sala infantil antes de Nadal
Antes de que de comezo o Nadal, a biblioteca pública de Sarria Camilo Gonsar contarán cunha nova zona de lectura e xogos. Estas novas dependencias localizarase no vestíbulo da casa da cultura, este espazo ata o momento utilizábase para exposicións.
A remodelación corre a cargo do Concello que está a traballar nesta nova sala que contará cun mapamundi, alfombras de xogos, libros adaptados as diferentes idades. Esta nova sala infantil permitirá incrementar o espazo de almacenamento e consulta da biblioteca mellorando o servizo e o acceso á cultura dos veciños da zona.
Esta mellora súmase á xa realizada no ano anterior na sala de estudos da planta baixa que na actualidade conta con capacidade para 50 persoas.
Entre os novos proxectos de mellora da Casa da Cultura está o de construír na planta baixa unha sala de reunións.