A Biblioteca repartiu os premios do certame provincial de Nadal

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade premiou a 17 escolares de Lugo que resultaron gañadores do certame de Poesía de Nadal
premios poesia nadal biblioteca
24 Feb 2023

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade premiou a 17 escolares de Lugo que resultaron gañadores do certame de Poesía de Nadal que convoca a Biblioteca Pública Provincial en colaboración con outras bibliotecas públicas da provincia. Na fase final participan os traballos que resultaron vencedores nos distintos certames municipais.

O salón de actos da Biblioteca acolleu onte o acto de entrega de premios; cada un dos gañadores recibiu como regalo un lote de libros e unha figura de Sargadelos. Ademais, a Consellería publicará un libro con todos os poemas premiados.

Na categoría A, para menores de 8 anos, gañou Vera Otero Dorrego (8 anos), de Barreiros; seguida de Carlota Mosquera Pardeiro (8 anos) tamén de Barreiros e de Alba Gónzalez Rabal (8 anos) de Lugo. O xurado concedeu 5 accésits a Anne López Ferra (8 años de Viveiro), Alexia Rodríguez Amor (6 anos, de Antas de Ulla), Irea Magdaleno Vilariño (7 anos de Antas de Ulla), Dafne Peña Piñeiro (7 anos de Outeiro de Rei) e Alicia Pedre Lastra (8 anos de Burela).

Na categoría B (9 a 11 anos) a vencedora foi Sara González Pérez (9 anos de Barreiros); seguida de Pablo Coucheiro Rodríguez (10 anos de Antas de Ulla) e Emma Mantilla Fuentes (11 anos da Pobra de Brollón). Tamén houbo un accésit para Jimena Domínguez García (10 anos de Burela).

Entre os maiores, de 12 a 16 anos, o primeiro premio foi para Xurxo González Rodríguez (15 anos de Monforte de Lemos); seguido de Aroa Blanco Prieto (14 anos de Xermade) e Pablo García Martínez (12 anos de Foz). Houbo accésits para Milín Balboa González (13 anos de Sarria) e Sabela Castro González (13 anos de Monforte de Lemos).

0.14145112037659