A AC Taekwondo Sarria brilla no Campionato Escolar de Poomsae con 21 medallas e o 2º posto por equipos

A A.C. Taekwondo Sarria destacou no Campionato Provincial Escolar de Poomsae cunha actuación sobresaínte que se saldou cun total de 21 medallas: 8 ouros, 4 pratas e 9 bronces. Uns resultados que reflicten a evolución e o crecemento do equipo respecto ao ano pasado e que lles valeron o segundo posto por equipos no torneo.
Na categoría benxamín, Carla Rodríguez e Martín Varela acadaron o primeiro posto en individual, e tamén conseguiron o ouro na modalidade de parella. Tamén levaron a medalla de ouro o trío formado por Mateo Pontón, Sergio Castro e Christopher Marcano.
A parella Daniela Maside e Sergio Castro logrou a prata, ao igual que os tríos Martín López, Mauro García e Lucas Díaz, e Inés Fernández, Sara Fernández e Lara Álvarez. O trío Anxo Teijeiro, Gael Goyanes e Pablo Ferreira acadou o bronce, así como Gael Goyanes na modalidade individual.
Na categoría alevín, Aylen Pumarega e Ginés Díaz conseguiron o bronce en individual, mentres que como parella acadaron o ouro. O trío Olivia Gallent, Alejandra Díaz e Naiara Muñoz levou o bronce, e o trío Mario Fernández, Izan Rigueiro e Noel Préstamo proclamouse campión cun ouro.
Na categoría infantil, Clara Argiz logrou un bronce en individual.
Na categoría cadete, Brais Lombardero conseguiu o ouro en individual e Lucas Trebolle, o bronce. As parellas Cleo Celeiro e Aarón González, e Alexia Encinas e Matías Gallent acadaron a prata e o bronce, respectivamente. O trío feminino formado por Arancha Riveiro, Inés Bergantiños e Uriel Gutiérrez obtivo o bronce, mentres que o trío masculino Brais Lombardero, Samuel Marón e Aarón González logrou o ouro.
Na categoría xuvenil, Laura Díaz conseguiu un bronce na modalidade individual feminina.
Ademais, realizouse unha mención especial a Izan Arias, Iago Muñoz, Brayden Luna, Alba González, Cataleya Celeiro e Claudia Fernández polo seu excelente desempeño. Tamén se agradeceu o traballo de Mateo Fernández e Firdaousse Amanchar como parte do equipo arbitral, así como a colaboración de Carla López, que asistiu exclusivamente para apoiar aos seus compañeiros.
Desde o club tamén quixeron enviar unha forte aperta a Dani e Alma, que non puideron estar presentes pero foron moi botados en falta.
O vindeiro reto para a A.C. Taekwondo Sarria será dentro de dúas semanas, no Campionato Galego Escolar que se celebrará en Redondela, onde esperan continuar demostrando o seu gran nivel.