A Cabalgata dos Reis Magos de Láncara traerá consigo moitas sorpresas
O vindeiro 5 de xaneiro terá lugar a cabalgata dos Reis Magos en diversos concellos da provincia de Lugo, tamén en Láncara, onde as súas maxestades visitarán varios lugares do municipio.
Así, comezarán o percorrido visitando aos usuarios da residencia A Veiga ás 17.00 horas e despois emprenderán camiño polo pobo dende o parque Plaza Edizlo, a partir das 17.30 horas, en compañía dos paxes reais, cargados de caramelos para repartir durante o percorrido.
Este percorrido rematará no polifuncional Campo da Feira da Pobra de San Xiao, onde terá lugar a festa infantil con animación, chocolatada e agasallos sorpresa para todos os nenos e nenas.
Para desenvolver esta actividade, o Concello de Láncara conta coa colaboración especial da Asociación O Noso Lar e o equipo da Puebla Futsal.