A camiñata organizada pola Asunción de Sarria recada 2.250 euros para os nenos de Ucraína
O centro educativo de Sarria A Asunción conseguiu recadar 2.250 euros co fin de axudar aos nenos de Ucraína a través dunha caminata solidaria.
A recadación foron entregados á fundación Save the Children que enviou ao colexio un diploma de agradecemento pola doazón.
Save the Children leva operando en Ucraína dende 2014, traballando coa infancia máis vulnerable. Dende o comezo do conflito xa axudaron a máis de 400.000 nenos e nenas.
As colaboracións foron reunidas na camiñata que tivo lugar con motivo da celebración da patroa e fundadora da orde de Santa María Eugenia. Foi o alumnado o encargado de buscar os patrocinios entre os seus coñecidos, amigos e familiares, recorrendo os distintos lugares de Sarria que teñen algún tipo de relación co centro educativo.
Actuacións Save the Children
A Asociación está a xerar unha rede de acollida para refuxiados ucraínos en fronteira de países próximos (Romanía, Polonia e Lituania), centrándose na axuda humanitaria, repartindo alimentos básicos, mantas para combater o frío e kits de emerxencia. Proporciona espazos seguros para a infancia e atención psicolóxica para axudarlles a superar os traumas causados polas experiencias vividas de conflito e violencia. Responde ante a separación familiar a través do rexistro de menores non acompañados para a reunificación familiar. Proporcionan asesoramento e apoio legal ás familias refuxiadas. E fan transferencias de diñeiro en efectivo para que poidan satisfacer necesidades básicas como alimentos, auga, roupa e medicamentos