A campaña da ACES 'Miña nai querida!' xa ten gañadora
SarriaXa
A campaña da ACES 'Miña nai querida!' xa ten gañadora despois de que a primeira premiada rexeitara o seu premio
20 Maio 2023
Catarina Teixeira foi a mamá premiada da campaña ¡Miña nai querida! da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU despois de que a primeira premiada renunciara ao premio.
Así, grazas a unha compra na Xoguetería Don Dino Catarina poderá disfrutar dun fin de semana para dúas persoas nun balneario da provincia de Lugo en réxime de media pensión.
Ricardo Arias, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios – CCU de Sarria, foi o encargado de entregar o premio dunha campaña celebrada para poñer en valor o papel das nais na sociedade.