A Campaña do Comercio xerou un volume de negocio de 4,3 millóns na provincia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Este luns fíxose o derradeiro sorteo desta iniciativa na que participaron máis de 70.000 persoas en máis de 40 localidades.
sorteo federacion comercion campana deputacion
4 Xan 2022

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este luns no Pazo de San Marcos, xunto ao presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas, no derradeiro sorteo da campaña Mercando en Lugo. Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo, que a institución provincial impulsou cunha achega económica de 50.000€ en colaboración coa Federación de Comercio.

A iniciativa resultou ser un éxito, logo de que xerara un volume de negocio de preto de 4,3 M€ en compras realizadas en 5.500 comercios de proximidade da provincia entre o 15 de novembro e o 31 de decembro en máis de 40 localidades en colaboración coas asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos da provincia de Lugo.

En total rexistráronse 71.525 tíckets, cun especial volume de implicación nos municipios de Lugo, Sarria, Lourenzá, Viveiro, Vilalba, Monforte de Lemos, Quiroga, Foz e A Pontenova.

A Deputación de Lugo achegou 50.000€ co obxectivo de incentivar e promover entre a veciñanza as compras nos comercios de proximidade da provincia durante os meses de novembro e decembro, dentro da súa folla de ruta de traballar da man co tecido asociativo da provincia e mellorar o actual contexto económico e social derivado da pandemia.

Sorteos de 1.000 bonos

Mercando en Lugo. Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo consistiu no sorteo de bonos de consumo de 30 euros cada un para gastar nos 5.500 establecementos comerciais minoristas da provincia de Lugo, seguindo a estratexia dos Bonos Impulso da Deputación, xa que resultaron ser un éxito.

Os consumidores rexistraron na web mercandoenlugo.com os seus tíckets de compra. Desta maneira participaron nos sorteos ante notario ao realizar as súas compras feitas no comercio local por un importe mínimo de 10 euros. Repartíronse un total de 1.000 bonos para investir nos negocios da provincia, o que supón poñer en circulación 30.000 euros en premios polas compras feitas no comercio local.

Apoio ao comercio local

Esta campaña naceu da estreita colaboración que mantén a institución provincial co comercio e co tecido asociativo da provincia, e que se viu reforzada aínda máis dende o inicio da pandemia con diversas medidas enmarcadas no Plan de Impulso da Economía da Provincia.

0.15800595283508