A campaña na CCU de Sarria 'En 60 minutos 1.000 euros' estará activa durante todo o mes de xullo

SarriaXa
A campaña na CCU de Sarria 'En 60 minutos 1.000 euros' estará activa durante todo o mes de xullo para que os veciños merquen
presentacion campaña ccu sarria
29 Jun 2023

O Centro Comercial Urbano de Sarria presenta a súa campaña 'en 60 minutos 1.000 euros – 60x1.000', que este ano cumpre dez anos desde que tivo lugar a súa primeira edición.

Desde a CCU defenden que esta "é unha das actuacións con mellor acollida polos clientes do CCU Sarria, debido ao premio tan apetecible que ten: mil euros para gastar en todas aquelas cousas que queira a persoa gañadora, pero coa condición de que terán que ser gastados nun prazo máximo de 60 minutos", explican desde a entidade.

Esta campaña, que fomenta o comercio local, estará nas rúas da vila durante todo o mes de xullo, cadrando no tempo coas rebaixas do Centro Comercial Urbano de Sarria.

Desta campaña participan trinta comercios adheridos á CCU e son: Ábaco Sarria, Atmósfera Sport, Brissa Salón, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Colorín Colorado Sarria, Cris Abad, Dimar Moda, Duet Moda, Electronova, Herboristería Linva, Joyería Díaz, Joyería Salgado, Juguetería Don Dino, Juguetería y Puericultura 1, 2, 3… escondite inglés, Lar de Menchu, Los sueños de Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Micsport Sarria, Moncho Moda, Óptica Adrián Salgado, Óptica Malecón, Sabrina Moda, Santamarta, Senayo, Trece Tablas, Ultreia, Vilamey Complementos e Zaida.

Campaña Atoparalo en Sarria

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15407705307007