A carreira de descenso do DH Molinos 2024 polo monte do Páramo incluirá un concurso de saltos
O descenso en bicicleta polo monte do Páramo, o DH Molinos 2024, celébrase esta tarde na que, ademais do percorrido en moto, as persoas que se acheguen poderán desfrutar dunha zona de bar e comida nunha carpa instalada.
Así, haberá un límite de participación de 200 persoas, que deberán estar federadas e pagar unha cota de 30 euros por persoa, podendo anotarse ata o vindeiro día 20 de marzo, xa que a iniciativa terá lugar o día 23, de 09.00 a 14.00 horas terán lugar os Remontes, ás 15.00 horas a Manga clasificatoria e ás 16.30 horas a Manga final.
As categorías son de Sub23 Fem., Sub23, Master 60 Fem., Master 60, Master 50 Fem., Master 50, Master 40 Fem., Master 40, Master 30 Fem., Master 30, Junior Fem., Junior, Infantil Fem., Infantil, Élite Fem., Élite, Cadete Fem. e Cadete.
Por último, ao rematar a carreira, terá lugar un concurso de saltos para todos os que se animen a participar. Os tres mellores saltos terán premio, concretamente dúas noites para dúas persoas en Adega Miña para o primeiro, un pack Santa Bikes de xeonlleiras, bota e borra para o segundo e un pack Santa Bikes de máscara, bota e gorra.