A carreira Xacorun fará meta este domingo en Portomarín
LugoXa | SarriaXa
A carreira Xacorun celebrarase o vindeiro 26 de febreiro e pasará polo concello de Sarria e Paradela facendo meta en Portomarín
25 Feb 2023
Este domingo terá lugar a segunda edición da carreira Xacorun, que se realizará entre Sarria e Portomarín, atravesando o concello de Paradela.
A proba constará de dúas modalidades, unha de 23 quilómetros que partirá ás 9.30 horas das inmediacións do Concello de Sarria e, seguindo o Camiño de Santiago, chegará a Portomarín tras percorrer 23 quilómetro.
A segunda modalidade terá un percorrido de 10 quilómetros que sairá ás 10.30 horas de Mirallos (Paradela) e chegará tamén a Portomarín.
A proba conta xa con máis de 240 inscritos.