A Casa da Cultura acolle esta tarde a gala de maxia 'Nadal Máxico'

SarriaXa
O cartel está encabezado por dous grandes talentos: Roberto Lolo, coñecido polo seu carisma e habilidades sorprendentes, e Mago Iago, unha nova promesa da maxia
XIX-Festival-Internacional-de-Maxia-Vila-de-Sarria
28 Dec 2024

Esta tarde de sábado, 28 de decembro, a maxia e a ilusión do Nadal apoderaranse da Casa da Cultura de Sarria co espectáculo 'Nadal Máxico' a partir das 17.30 horas.

O cartel está encabezado por dous grandes talentos: Roberto Lolo, coñecido polo seu carisma e habilidades sorprendentes, e Mago Iago, unha nova promesa da maxia que promete cegar cos seus trucos e destreza. Ambos os artistas uniranse para ofrecer unha tarde inesquecible, cargada de sorpresas e momentos máxicos no marco das festividades do Nadal.

Cunha ambientación que evoca o espírito do Nadal, o espectáculo será unha oportunidade perfecta para gozar en familia e vivir unha experiencia chea de diversión e encanto.

A entrada é libre, e espérase unha gran asistencia de veciños e visitantes que queiran gozar dun evento único que combina entretemento, humor e maxia, pensado para todas as idades.

0.13684582710266