A Casa da Cultura acolle unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica

SarriaXa
Ao remate da formación, os participantes recibirán un manual de compostaxe, un composteiro e un aireador para poñer en práctica o aprendido
Casa-da-Cultura-Sarria
8 Apr 2025

O Concello de Sarria organiza unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica ás 19.00 horas e ofrecerá información detallada sobre o proceso de compostaxe e os seus beneficios ambientais.

Destinada a todos os veciños e veciñas interesados en reciclar os seus residuos orgánicos no fogar, terá lugar na Casa da Cultura, onde ao remate, os participantes recibirán un manual de compostaxe, un composteiro e un aireador para poñer en práctica o aprendido.

Ademais, durante o ano 2025 levarase a cabo un seguimento para supervisar o proceso de compostaxe e garantir o seu correcto desenvolvemento.

Esta iniciativa conta co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea a través do programa NextGenerationEU.

⚙ Configurar cookies
0.09954309463501