A Casa da Cultura de Chantada acolle unha exposición itinerante sobre Manuel Rodríguez López

SarriaXa | RibeiraSacraXa
A mostra, dedicada á vida e obra do recoñecido escritor de Paradela, poderá visitarse ata o 10 de decembro
expo-manuel-rodriguez-lopez-chantada
2 Dec 2025

Desde o 2 e ata o 10 de decembro, a Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición itinerante ‘Manuel Rodríguez López 2.0’, dedicada á vida e obra do recoñecido escritor de Paradela. Esta mostra é a continuación dunha primeira exposición que desde 2013 percorreu máis de 20.000 quilómetros, visitando numerosas cidades e localidades ao longo da península.

A exposición está composta por doce paneis que repasan a traxectoria do poeta obreiro galego do século XX, coñecido pola súa obra escrita principalmente en Cataluña e por ser un elo cultural entre Galicia e os emigrantes galegos nesta rexión.

Manuel Rodríguez López, fillo predilecto do Concello de Paradela, é ademais a inspiración para o nome tanto da Casa da Cultura como do Certame Literario que recentemente celebrou a súa XXXI edición neste municipio.

Esta iniciativa forma parte do proxecto Manuel Rodríguez López, impulsado por Egeria, GaliciaDigital e a familia do autor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística) e a Real Academia Galega.

⚙ Configurar cookies
0.071500062942505