A Casa da Cultura de Sarria acolle a obra 'Jane e Rachel' de Trémola Teatro

SarriaXa
A obra está inspirada nas vidas das científicas Jane Goodall e Rachel Carson, dúas pioneiras na loita polo medio ambiente
Jane-e-Rachel
18 Out 2024

A Casa da Cultura de Sarria acolle esta tarde, ás 17.30 horas, a obra de teatro Jane e Rachel do grupo Trémola Teatro e dirixida por Paula Regueiro; para rematar a III Mostra de Teatro Iván Tourón Moráis de Rebuldeira Teatro e o Concello de Sarria.

Jane e Rachel, dúas amigas, descobren algo incrible: unha galiña poñendo un ovo. Dende ese momento, dedican as súas tardes a coidala, co obxectivo de que nazca un precioso poliño. Pero todo cambia cando a galiña enferma. A partir de aí, comeza unha investigación para descubrir ao culpable: os pesticidas.

Así, desde o Concello de Sarria animan a todas as persoas interesadas en que se acheguen e desfruten da obra, mentres axudan a Jane e Rachel a loitar contra esta inxustiza e comezar unha gran protesta.

A obra está inspirada nas vidas das científicas Jane Goodall e Rachel Carson, dúas pioneiras na loita polo medio ambiente.

0.098912954330444