A Casa da Cultura de Sarria acolle a obra 'O vixilante dos soños' de Ubú Teatro
SarriaXa
A obra, que dura uns 45 minutos, é de Ana Carreira e conta coa dirección de José Campanari
26 Dec 2024
A Casa da Cultura de Sarria acolle a obra 'O vixilante dos soños' de Ubú Teatro, que terá lugar esta tarde ás 17.30 horas e que forma parte da programación de Nadal.
A obra, que dura uns 45 minutos, é de Ana Carreira e conta coa dirección de José Campanari, así como ten como actrices e titiriteiras a Marga Portomeñe e Ana Carreira.
Sonólicus quere chegar á lúa desde pequeno. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas amoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa, que lle medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e, non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa, senón que se converte para sempre no vixiante do sono e dos soños infantís.