A Casa da Cultura de Sarria acolle a presentación do libro gañador da XXIII edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño
SarriaXa
Terá lugar este martes, 18 de xuño, ás 20.00 horas
17 Xuño 2024
A Asociación Ergueitas organiza para este martes, 18 de xuño, a presentación do libro gañador da XXIII edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño.
A Casa da Cultura de Sarria acollerá o acto de presentación de ‘Unha casa onde vivir’, de Inma Núñez ás 20.00 horas.
Ademais, estará no evento Marga do Val e Jesús Castro Yáñez, membros do xuri, Miguel Anxo Fernán-Vello, editor e o concelleiro de cultura de Sarria, César No.