A Casa da Cultura de Sarria acolle a proxección do documental 'Os Valores no Camiño'

SarriaXa
A entrada será de balde, ofrecendo unha oportunidade única para veciños, peregrinos e perregrinos (peregrinos que viaxan coas súas mascotas)
Casa-da-Cultura-Sarria
19 Feb 2025

O vindeiro sábado 22 de febreiro ás 20.00 horas, a Casa da Cultura de Sarria será o escenario da proxección do documental Os Valores no Camiño, un evento organizado coa colaboración do Concello de Sarria e da asociación Camiño de Santiago Sarria.

A entrada será de balde, ofrecendo unha oportunidade única para veciños, peregrinos e perregrinos (peregrinos que viaxan coas súas mascotas), así como para profesionais vencellados ao Camiño de Santiago.

Este documental, dirixido por Raquel Freiría e con guión de Santi Oujoo, aborda os valores que envolven a experiencia do Camiño, destacando o seu impacto en quen o percorre. A banda sonora, a cargo de Pablo Sanmamed, engade un toque especial á produción.

A proxección terá lugar na Casa da Cultura do Concello, situada na Rúa Marqués de Ugena, s/n. Dende a organización animan a toda a comunidade a asistir a este evento que promete ser unha experiencia enriquecedora e emotiva.

0.16167998313904