A Casa da Cultura de Sarria acolle a representación da obra teatral 'Mudanzas'

SarriaXa
A partir das 17.30 horas as persoas interesadas poderán acudir á Casa da Cultura para desfrutar desta comedia
Casa-da-Cultura-Sarria
4 Out 2024

A Casa da Cultura de Sarria acolle esta tarde de venres, 4 de outubro, a representación teatral da obra 'Mudanzas' de Ubú Teatro.

Así, a partir das 17.30 horas as persoas interesadas poderán acudir á Casa da Cultura para desfrutar desta comedia para público infantil e familiar que durará 45 minutos.

A sinopse di que "cada cambio de casa é unha aventura. Chega o momento de abrir as caixas e buscar un lugar para cada cousa. Pero algunhas caixas, caixiñas ou incluso algún baúl, quedan á espera de ser abertos para revisar aqueles obxectos que gardamos sen saber por que. Nunha tarde de chuvia, sen saber moi ben que facer, Amanda e Matilde deciden abrir o antigo baúl azul da familia. No seu interior agóchanse emocións, cancións de outros tempos, e lembranzas entrañables. Xuntas, revivirán vellas historias e sentirán que volven ser as nenas que foron, nunha nova casa con eses obxectos vellos que levan tempo agardando para saír e dar un paseo pola memoria".

0.1388680934906