A Casa da Cultura de Sarria acolle a representación de 'Profetas' de Ítaca Teatro

Esta tarde de domingo, 27 de abril, ás 20:00 horas, a Casa da Cultura de Sarria acollerá a representación de 'Profetas', unha obra contemporánea da compañía lucense Ítaca Teatro.
Escrita por Ernesto Is, 'Profetas' foi recoñecida co 16º Premio Abrente de textos teatrais da MIT de Ribadavia 2021. A dirección está a cargo de Carlos Álvarez-Ossorio e a obra é unha coprodución co Centro Dramático Galego.
'Profetas' propón un exercicio metateatral no que o público se verá inmerso nun xogo entre realidade e ficción, cuestionando en todo momento se está a presenciar unha obra finalizada ou un proceso de creación en directo.
A representación, protagonizada por Carlos Rebolo e Elea López, está organizada pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a entrada é totalmente de balde.