A Casa da Cultura de Sarria acolle desde o venres a II Mostra Iván Tourón Morais

SarriaXa
A piscina climatizada da vila de Sarria disporá neste mes de decembro dun ximnasio no que realizar cardio ou exercicios de tonificación
II Mostra Teatro sarria 2023 1
14 sep 2023

A Casa da Cultura de Sarria acollerá desde este  venres ata o día 15 de outubro un total de dez espectáculos teatrais -cinco para  público infantil e cinco para público adulto- dentro da programación da II Mostra de  Teatro Iván Tourón Morais.

Este ciclo, impulsado pola Concellaría de Acción Cultural de Sarria e a compañía  Rebuldeira Teatro, conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Rede de  Bibliotecas Públicas “Ler conta moito”, e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A programación infantil arrancará este venres ás 17.30 horas coa obra “Cambi@  contos: Flipa cos contos”, a cargo de Bandullo Azul e Fran Campos. O día 22 de  setembro, tamén ás 17.30 horas, será Felipe Díaz Valle quen ofrecerá o espectáculo  “Miña casa. Meu lar (contos ambientais)” e o día 29 chegará o turno de Cris de Caldas  coa obra “A bibliotecaria estrafalaria 2.0”, tamén á mesma hora. As dúas últimas  funcións do ciclo infantil serán o 6 de outubro ás 17.030 horas, con Charo Pita  representando “A cabeza a paxaros”, e o día 13 de outubro, tamén ás 17.30 horas, con  Marta Ortiz e a obra “Tralará. Contos, obxectos e música”.

En canto á programación teatral para o público adulto, o domingo 17 de setembro ás 20.00 horas a Casa da Cultura acollerá a obra “Cita previa”, da Compañía Rebuldeira  Teatro. O domingo 24 de setembro, tamén ás 20.00 horas, será a compañía Teatro do  Miolo a que represente a obra “Saíndo do cerco”, mentres que o día 1 de outubro a  compañía Bátega Teatro ofrecerá a obra “O mundo de Martina” ás 20.00 horas. As  dúas últimas funcións serán o 8 de outubro (20.00 horas) coa obra “Asasinato na tenda  de roupa”, a cargo do Grupo de Teatro do Hospital de Lugo, e o día 15 de outubro (20.00 horas), con “Vaia lío”, a cargo da compañía Charamela.

Sorteo de agasallos para incentivar a participación 

Coa finalidade de incentivar a asistencia ás diferentes funcións, o concelleiro de  Acción Cultural, César No, anunciou que distribuiranse entre os asistentes tarxetas de  fidelización para que aquelas persoas que acudan polo menos a catro das funcións  programadas tanto no ciclo adulto como no infantil poidan entrar no sorteo dun lote  de libros ou de tres meses de suscrición gratuíta ao Centro Deportivo e Saúde Sarria.

II Mostra Teatro sarria 2023
0.18023991584778