A Casa da Cultura de Sarria acolle diversas actividades para pequenos e adultos polo Samaín

SarriaXa
Para comezar, o xoves 31 ás 17.30 horas terá lugar a proxección da película ‘A familia Addams’
Casa-da-Cultura-Sarria
30 Out 2024

O Concello de Sarria organiza a festa do Samaín para todos os nenos e nenas do municipio e as súas familias na Casa da Cultura.

Así, durante dous días haberá actividades dedicadas especialmente en celebrar unha festividade recoñecida en toda Galicia e no mundo como é o día do Samaín.

Desta maneira, o xoves 31 ás 17.30 horas terá lugar a proxección da película ‘A familia Addams’ nunha xornada de cine infantil.

Pola súa parte, o venres, 1 de novembro, haberá un contacontos ás 17.30 horas baixo o nome de ‘Quen ten cu ten medo’ e ás 18.30 horas terá lugar a festa ‘Os divertidísimos espíritos do Samaín’, con música e animadores para grandes e pequenos.

0.17533087730408