A Casa da Cultura de Sarria acolle dúas actividades este sábado da man da AC Ergueitas

SarriaXa
As actividades celebraranse o sábado 27 de decembro con propostas escénicas comprometidas e de carácter expresivo
Casa-da-Cultura-Sarria
26 Dec 2025

A Asociación Cultural Ergueitas de Sarria organiza dúas actividades culturais para este sábado 27 de decembro na Casa da Cultura, cunha programación que combina compromiso social e creación artística. A primeira das citas terá lugar ás 20:00 horas e consistirá nunha sesión de teatro e poesía por Palestina, unha proposta que mestura distintas disciplinas escénicas cun enfoque solidario.

Media hora máis tarde, ás 20:30 horas, a fotógrafa e actriz Zoe Iriarte subirá ao escenario para representar Estarei até a fin, unha obra de teatro expresivo de creación propia. A peza propón unha posta en escena persoal e intensa, na que a interpretación corporal e emocional cobra un papel central.

As actividades están abertas ao público e forman parte da programación cultural impulsada pola AC Ergueitas, que continúa apostando por propostas que fomentan a reflexión, a expresión artística e o encontro cultural na vila de Sarria.

⚙ Configurar cookies
0.077538013458252