A Casa da Cultura de Sarria acolle esta tarde a representación de 'Os contos clásicos da tía Carolina'
SarriaXa
A obra, que terá lugar ás 17.30 horas, será un espectáculo máxico ao que poderán asistir todas as persoas interesadas de maneira gratuíta
11 Out 2024
A Casa da Cultura de Sarria acolle, esta tarde de venres, 11 de outubro, unha nova actividade, neste caso é un espectáculo máxico para os máis pequenos da vila baixo o nome de 'Os contos clásicos da tía Carolina'.
O espectáculo vai de dos nenos, Mina e Xacobe, que medraron escoitando as historias da súa tía Carolina. Tras o seu pasamento, volven á aldea e lembran contos como Carapuchiña Vermella e Hansel e Gretel... Pero, quen vai escoitar agora esas historias?
Esta actuación de sombras, que terá lugar ás 17.30 horas, está dirixida a todos os públicos e desde o Concello din que transportará aos asistentes a un mundo cheo de fantasía.