A Casa da Cultura de Sarria acolle o Obradoiro de Arte Colaborativa polo 25N
Este domingo, 24 de novembro, a Casa da Cultura do Concello de Sarria acolle o Obradoiro de Arte Colaborativa polo 25N, que acollerá dúas actividades.
Así, a partir das 17.00 horas terá lugar o Obradoiro de cerámica, no que as persoas participantes decorarán pezas de cerámica creando títulos ou eslogans únicos en cada unha delas. Estas creacións formarán parte dunha exposición que busca reflexionar sobre a loita contra a violencia de xénero, poñendo en valor as voces e as ideas de cada participante.
Ao longo do obradoiro, traballarase con diferentes técnicas artísticas e fomentaremos o intercambio de ideas, facendo deste espazo un lugar de aprendizaxe, expresión e colaboración.
Pola súa parte, ás 20.00 horas terá lugar a proxección do filme 'Madame Curie', pechando a xornada cunha historia inspiradora sobre ciencia e superación, para reflexionar e compartir un momento cultural.