A Casa da Cultura de Sarria acolle, un ano máis, a Mostra de Teatro Iván Tourón Morais
Volve a Mostra de Teatro Iván Tourón Morais a Sarria con 10 representacións teatrais que se desenvolverán na Casa da Cultura co apoio do Concello de Sarria, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.
Nesta edición, organízase, ademais das propias escenificacións, un premio para as persoas que asistan a un mínimo de 4 obras, entrando así no sorteo dunha subscrición de tres meses ao centro deportivo e de saúde de Sarria ou gañar un lote de libros.
As obras de teatro infantil terán lugar a partir deste venres, 20 de setembro, e seguirán outros catro venres ás 17.30 horas ata o 18 de outubro, mentres que as obras de teatro adulto terán lugar os domingos ás 20.00 horas, a partir do 22 de setembro e ata o 20 de outubro.
O título e a data na que se representará cada obra de teatro pode consultarse premendo nesta ligazón.