A Casa da Cultura de Sarria acolle un espectáculo para cativos

SarriaXa
Esta obra trata sobre Babas, un pequeno caracol cun grande apetito e unha gran curiosidade
babas-descobre-as-estacions-sarria-bebes
16 Jan 2025

A Casa da Cultura de Sarria acolle un espectáculo de Babas descobre as estacións e será o 17 de xaneiro ás 17.00 horas na Casa da Cultura.

Esta obra trata sobre Babas, un pequeno caracol cun grande apetito e unha gran curiosidade e que vive no corazón dun bosque máxico. Cando escoita falar dunha planta lendaria coas follas máis verdes e saborosas de toda a fraga, decide embarcarse nunha aventura para atopala. Pero Babas non vai só, pois a súa fiel amiga, a Cogomelo Trompita, acompáñao nesta viaxe inesquecible.

Así, os cativo poderán acompañar a Babas e a Trompita nesta historia chea de descubrimentos. Unha historia ideal para nenos de 6 meses a 4 anos para fFomentar a curiosidade e o amor pola natureza e aprender a través do xogo e a observación.

0.15431594848633