A Casa da Cultura de Sarria acolle unha semana chea de propostas culturais para todos os públicos

SarriaXa
Obradoiros, contacontos, presentacións literarias e teatro integran a programación do 6 ao 12 de outubro organizada polo Concello
Casa-da-Cultura-Sarria
6 Oct 2025

A Casa da Cultura de Sarria converterase esta semana nun punto de encontro para veciños e visitantes coa celebración dunha ampla programación cultural que se estenderá do 6 ao 12 de outubro. As actividades, organizadas polo Concello a través da área de Cultura, están pensadas para públicos de todas as idades e combinan literatura, creación, contacontos e teatro.

O martes 7 abrirase o calendario cun obradoiro de escrita creativa, que terá lugar de 19:00 a 21:00 horas. O mércores 8 será a quenda dos máis pequenos, coa proposta Mércores de contos, unha tarde cultural para a cativada que se desenvolverá na Casa da Cultura de 17:30 a 18:30 horas.

Xa o xoves 9, a Biblioteca Pública “Camilo Gonsar” acollerá ás 19:00 horas a presentación do libro Los oiréis sufrir da autora Ivet Núñez. A fin de semana estará marcada pola IV Mostra de Teatro Iván Tourón Morais, que contará con dúas funcións destacadas. O venres 10 representarase Xela, a superheroína da aldea, un espectáculo de Inma Soto ás 18:00 horas, mentres que o domingo 12 será a quenda de Estremonías da Silva, da compañía Lîlâ Teatro, que se ofrecerá ás 20:00 horas na Casa da Cultura.

Unha semana intensa e variada que consolida a programación cultural de Sarria como unha das máis activas e accesibles da comarca.

⚙ Configurar cookies
0.087811946868896