A Casa da Cultura de Sarria acollerá dúas propostas teatrais esta fin de semana

SarriaXa
As obras representaranse no marco do Circuíto de de Teatro Prefesional impulsado pola área de Cultura da Deputación de Lugo
Casa-da-Cultura-Sarria
2 Oct 2024

Sarria acolle esta fin de semana representacións teatrais no marco do Circuíto de de Teatro Prefesional impulsado pola área de Cultura da Deputación de Lugo, que botou a andar o mes de xuño e que este ano inclúe 59 representacións de 14 compañías por toda a provincia.

Desta maneira, o venres 4 de outubro ás 17.30 horas, e dentro da programación Teatro Iván Tourón Morais terá lugar a representación de 'Mudanzas' de Ubú Teatro Casa da Cultura de Sarria, unha comedia para todos os públicos de 45 minutos de duración e na que participan como elenco Marga Portomeñe e Ana Carreira.

Pola súa parte, o domingo, 6 de outubro, terá lugar a representación de 'O pano' de Bátega Teatro, tamén dentro da programación Teatro Iván Tourón Morais. Neste caso, será ás 20.00 horas na Casa da Cultura e nela actuarán durante 55 minutos Raquel L. Cendán e Ero Vázquez Cabrera.

A deputada de Cultura Iria Castro sinalou que con este ciclo “a área provincial mantén o apoio á rede de compañías profesionais da provincia, poñendo en marcha unha programación concreta que lles permite rendibilizar o seu traballo creativo, e contribuíndo, no medio prazo, a consolidar un público para o teatro e as artes escénicas en todas as comarcas”.

Neste sentido, remarcou “a importancia de facilitar o acceso a propostas culturais de calidade en todo o territorio, de man de concellos e asociacións que precisan este tipo de colaboracións e iniciativas para ampliar as súas programacións culturais”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15461802482605