A Casa da Cultura de Sarria acollerá un taller e a presentación da obra 'Me comparo contigo'

SarriaXa
Ademais de estar presente no acto a autora, Carmen Malvi, tamén estará o mago sarriao Roberto Lolo
Casa-da-Cultura-Sarria
26 Mar 2025

Este domingo, 30 de marzo, a Casa da Cultura de Sarria acollerá un evento especial con motivo da presentación do libro BestSeller 'Me comparo contigo' de Carmen Malvi. A autora estará presente para compartir co público detalles sobre a súa obra, na que reflexiona sobre temas tan universais como a autoestima e as comparacións entre persoas.

Ademais de Carmen Malvi, o evento contará coa participación do mago sarriao Roberto Lolo, quen engadirá un toque de maxia e entretemento á xornada.

A entrada será libre para todas as persoas interesadas en descubrir esta obra e vivir unha tarde de aprendizaxe, reflexión e entretemento. A cita será unha oportunidade única para coñecer á autora e gozar dun espectáculo en directo, nun ambiente acolledor e próximo.

⚙ Configurar cookies
0.42156720161438