A Casa da Cultura de Sarria acolleu unha charla sobre herdanzas e patrimonio

SarriaXa
A charla foi impartida pola avogada María José Fernández Matías, representante da federación de asociacións Fademga Plena Inclusión Galicia
charla-xurídica-Sarria-Diversa-Infantil
10 Feb 2025

A Casa da Cultura de Sarria foi o escenario da charla xurídica 'Transmisión de herdanzas e patrimonio ás persoas con discapacidade', promovida pola asociación Diversa Infantil.

O relatorio contou coa asistencia de preto de 20 persoas, entre elas familias, traballadoras sociais e as concelleiras Isabel Vergara de Camiña Sarria, delegada de Políticas Sociais e Igualdade, e Mónica López, do BNG.

A charla foi impartida pola avogada María José Fernández Matías, representante da federación de asociacións Fademga Plena Inclusión Galicia.

Durante a súa intervención, a experta recomendou aos proxenitores a importancia de realizar testamento ou dispoñer en vida o uso do seu patrimonio, co obxectivo de garantir o futuro dos seus fillos, especialmente daqueles con discapacidade ou diversidade funcional.

A avogada subliñou que en Galicia existen diversas posibilidades legais para organizar os testamentos e asegurar a protección patrimonial das persoas con discapacidade.

Ademais, explicou que estas persoas son herdeiras en igualdade de condicións que calquera outro cidadán, aínda que en determinados casos poden darse situacións específicas, como a incapacidade de decidir por si mesmas, que requiren medidas adaptadas para salvagardar o seu benestar e o seu legado.

Moisés Lamigueiro, coordinador da Área Social e de Familias de FADEMGA Plena Inclusión, lembrou que a federación pon a disposición das familias un servizo xurídico personalizado ao que poden acudir para recibir asesoramento cando o necesiten.

0.15337204933167