A Casa da Cultura de Sarria proxecta o filme 'Matar a un ruiseñor' este domingo
SarriaXa
A veciñanza de Sarria e os amantes do cine teñen unha cita este domingo na Casa da Cultura do Concello.
28 Jan 2024
A veciñanza de Sarria e os amantes do cine teñen unha cita este domingo na Casa da Cultura do Concello. A partir das 20.00 horas proxectarase o filme 'Matar a un ruiseñor'.
Trátase dunha actividade de carácter gratuíto e non é preciso reservar entrada. A produción non está recomendada para menores de 12 anos.