A Casa do Maior Anduriña Da Terra Brava do Incio conta con tres prazas libres para persoas maiores

SarriaXa
O servizo, que se caracteriza pola flexibilidade e trato familiar, permite aos usuarios pasar un máximo de 8 horas diarias na vivenda
Casa-do-Maior-Anduriña-da-Terra-Brava-do-Incio
9 Feb 2025

A Casa do Maior Anduriña Da Terra Brava, na Cruz do Incio, ofrece tres prazas libres para aquelas persoas interesadas en acceder aos seus servizos.

Este centro está dirixido a veciños e veciñas de máis de 60 anos, ou que presenten ata o grao 1 de dependencia, cunha prioridade para os empadroados no municipio.

O servizo, que se caracteriza pola flexibilidade e trato familiar, permite aos usuarios pasar un máximo de 8 horas diarias na vivenda, distribuídas de forma flexible e de acordo co que se pacte co responsable do centro.

A Casa do Maior está aberta durante todo o ano, de luns a venres, agás en festivos e un mes durante as vacacións.

Este proxecto está financiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social, e as persoas interesadas poden solicitar máis información tanto nas instalacións da casa como no Concello do Incio.

0.16154718399048