A Casa do Maior “Escola de Vilar” na parroquia de Vilabella en Triacastela ten catro prazas libres

SarriaXa
La Casa do Maior "Escola do Vilar" de Vilabella en Triacastela tiene cuatro plazas libres. Aquí podrán realizar diferentes actividades.
casa maior triacastela
19 Jan 2022

A Casa do Maior “Escola de Vilar” na parroquia de Vilabella en Triacastela xa conta coa primeira usuaria. Esta casa do maior comparte espazo co centro social, aínda que son instalacións independentes.

A Casa do Maior está rexentada por Mari Carmen Doval Núñez, aquí os usuarios poderán realizar diferentes actividades nas instalacións que contan cun ximnasio, cociña, sala de descanso, baños adaptados e unha oficina. Este tipo de servizos son fundamentais para garantir un envellecemento digno e acorde as necesidades de cada persoa.

As casas do maior son lugares onde os veciños se poden reunir, crear veciñanza, facer actividades e estar en compañía nun entorno rural. Pequenos centros de día que permiten que os municipios que non contan con este tipo de servizo poidan ofrecer terapias e actividades aos maiores dentro da súa contorna.

O horario é de 9.00 a 17 horas e existe a posibilidade de contratar o xantar.

Este servizo conta con cinco prazas, unha xa cuberta. Os interesados poden solicitar unha das prazas restantes sempre e canso sexan maiores de 60 anos, válidas ou con dependencia recoñecida en grao I ou II. Para acadar máis información pódese chamar aos Servizos Sociais do Concello de Triacastela 982 548 147 ou directamente a Mari Carmen 689 234 214.

0.11461806297302