A Casa Niño Cabianca de Eirexalba, no Incio, ten aberto o prazo de inscrición ata o 10 de abril

SarriaXa
Xa está aberto o prazo de inscrición para que as familias de Incio con nenos pequenos e interesadas no servizo da Casa Niño poidan inscribir ás súas crianzas no da parroquia de Eirexalba.
Casa Niño BuleBule O Incio
2 Abr 2024

Xa está aberto o prazo de inscrición para que as familias de Incio con nenos pequenos e interesadas no servizo da Casa Niño poidan inscribir ás súas crianzas no da parroquia de Eirexalba.

A Casa Niño Cabianca poderá acoller ata cinco nenos e nenas do municipio do Incio que poderán solicitar a súa cita no 653 561 516 para achegarse ao local social da Asociación Os Fanagueiros, que colaboran coa Casa Niño, xa que cederon a planta baixa do seu local para acoller este servizo.

A intención, tanto por parte do Concello como da Asociación Os Fanagueiros é o asentamento da poboación nova e con fillos na parroquia de Eirexalba, por iso animan a chamar e solicitar unha praza na Casa Niño Cabianca.

0.092862129211426