A Casa Niño Entrepeques de Triacastela xa ten árbore de Nadal
O Nadal é unha das datas máis esperadas polos máis pequenos por todo o que esta festividade conleva. Decoración, luces, agasallos, vacacións, tempo en familia, etc.
Na Casa Niño de Triacastela comezaron os preparativos e montaron unha árbore de Nadal cos máis pequenos da zona co fin de manter o espazo decorado e con ambiente festivo. Ademais, fíxose a través dunha actividade que promove a psicomotricidade fina, a xestión de recursos e o traballo en equipo.
Casa Niño Entrepeques
A Casa Niño Entrepeques é o servizo gratuito de atención á infancia de 0 a 3 anos de idade no Concello de Triacastela subvencionado pola Xunta de Galicia e FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).
Este tipo de iniciativas axudan na conciliación familiar e laboral do Concello.