A Casa Niño Pitiños de Paradela mantén aberto o prazo de inscrición

SarriaXa
A Casa Niño Pitiños de Paradela mantiene abierto el plazo de inscripción desde el 3 de marzo hasta el 31 de este mes.
casa niño pitiños paradela
7 Mar 2022

A Casa Niño Pitiños de Paradela abriu o pasado 3 de marzo o prazo para inscribir aos nenos no centro.

Os interesados en solicitar praza para o vindeiro curso poderá recoller o formulario de inscrición na rúa da Veiga número 6, Paradela de 9.30 a 14.30 horas ou mediante cita previa.

O prazo de solicitude permanece aberto dende o pasado día 3 e estenderase ata o 31 do mesmo mes. Para máis información pódese chamar ao 638 720 162.

Este servizo de atención á infancia está impulsado pola Xunta e parcialmente financiado polo fondo Feder.

Neste centro os nenos realizan diferentes actividades que promoven a súa curiosidade, creatividade e psicomotricidade final. Traballan con elementos naturais, realizan excursións e pasan un bo rato con outros nenos.

0.073192119598389