A Casa Pitiños Paradela anuncia a apertura do prazo para solicitar praza

SarriaXa
Este servizo integral está dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos e ofrece atención personalizada cun ratio de 5 nenos por educadora
Casa-Pitiños-Paradela
4 Mar 2025

A Casa Pitiños Paradela anuncia a apertura do prazo para solicitar praza no servizo de atención á infancia para o vindeiro curso 2025/2026, que estará aberto desde o 6 ata o 31 de marzo.

Este servizo integral está dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos e ofrece atención personalizada cun ratio de 5 nenos por educadora, garantindo un trato próximo e individualizado.

O servizo, que se adapta aos horarios das familias e ofrece flexibilidade, permite que cada curso se incorporen novos nenos, adaptándose ás necesidades particulares de cada familia. A xornada máxima de atención é de 8 horas, axustándose ao ritmo e ás necesidades dos pequenos e as súas familias.

O local, unha antiga aula de infantil do colexio de Paradela que foi reformada para adaptarse ás necesidades dese grupo de idade, pertence ao concello e o servizo de atención aos nenos é totalmente gratuíto, pero as familias deben traer a comida e tamén encargarse da hixiene dos pequenos.

Andrea Golás, responsable do centro, di que o centro ten gastos de material didáctico, contos, actividades, manualidades, xoguetes e outros materiais educativos, o que representa un desafío económico para manter a calidade do servizo.

Golás tamén destacou que, a pesar das dificultades económicas, o equipo de Casa Pitiños Paradela segue traballando para ofrecer o mellor servizo posible á comunidade, poñendo "os gastos enriba da mesa" e facendo todo o posible para garantir que os nenos reciban unha educación de calidade.

⚙ Configurar cookies
0.23960304260254