O Castiñeiro de Ramil en Triacastela forma parte do catálogo de árbores senlleiras

SarriaXa
La Castiñeira de Ramil en Triacastela forma parte desde ayer del catálogo de árbores senlleiras que reúne a los mejores ejemplares gallegos.
CASTIÑEIRA RAMIL GRUPO
1 Mar 2022

O catálogo de árbores senlleiras incorporou un novo exemplar de castiñeiro situado ao pé do Camiño Francés, ao seu paso polo concello de Triacastela.

Durante unha visita ao lugar no que está localizada a árbore, na aldea de Ramil, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e a rexedora municipal, Olga Iglesias, anunciaron que onte se publicou no DOG a resolución na que se fai pública a inclusión deste exemplar no rexistro, unha vez superados todos os trámites e en recoñecemento ás súas excepcionais características e historia.

Trátase da Castiñeira de Ramil, denominación tradicional coa que se coñece a esta árbore na zona en referencia ao seu porte e tamaño xa que, segundo explicou a alcaldesa, é común feminizar o nome dos exemplares máis grandes.

Trátase dun dos castiñeiros máis fermosos de Galicia, unha especie cunha forte presenza na Comunidade e que os estudos científicos confirman que se trata dunha variedade autóctona presente no territorio antes das últimas glaciacións. De feito, indicou que coa incorporación deste novo exemplar son xa 20 os castiñeiros que forman parte do Catálogo, a segunda especie máis representada no mesmo tan só por detrás dos carballos, que suman 27.

Con máis de oito séculos de vida, a Castiñeira de Ramil existía cando Aymeric Picaud, autor do Códice Calixtino, realizou o Camiño de Santiago, unha antigüidade que se ve reflectida nos seus 9 metros de perímetro, 22 de altura e nunha estrutura chea de ocos imposibles e grosas pólas, que parecen abrazar a árbore.

Esta impresionante morfoloxía semella unha radiografía do paso do tempo, á vez que desde a súa privilexiada localización en Ramil, o castiñeiro dálle a benvida aos camiñantes que chegan a diario a Triacastela na súa peregrinación cara a Santiago de Compostela.

Unha ferramenta en constante actualización
O Catálogo galego de árbores senlleiras é unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.

De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, foi obxecto xa de diversas revisións e periodicamente sométense a información pública novas propostas para valorar a posible incorporación de exemplares con valores salientables, como é o caso da Castiñeira de Ramil.

Na actualidade, forman parte do Catálogo un total de 182 elementos, 144 exemplares e 38 formacións arbóreas, pertencentes a 79 especies diferentes. Na provincia de Lugo hai 34 árbores e 6 formacións.

0.18165302276611