A Cátedra Fundación Areces premia un estudo do sarriao Adrián No sobre compra en liña de alimentos

LugoXa | SarriaXa
O TFG ‘Factores que inflúen na experiencia de compra en liña de produtos alimentarios’, desenvolvido no Campus Terra da USC polo graduado en Administración e Dirección de Empresas baixo a titoría do profesor Fernando Losada, afonda nos motivos da compra dun perfil de consumidores “preocupados pola saúde” e “con interese” polo ecolóxico.
adrian no estudo usc
15 Sep 2023

O TFG ‘Factores que inflúen na experiencia de compra en liña de produtos alimentarios’, desenvolvido no Campus Terra da USC polo graduado en Administración e Dirección de Empresas baixo a titoría do profesor Fernando Losada, afonda nos motivos da compra dun perfil de consumidores “preocupados pola saúde” e “con interese” polo ecolóxico.

O graduado en ADE na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra da USC Adrián No Pérez vén de ser galardoado co premio da Cátedra Fundación Areces da Universidade de Oviedo ao mellor TFG nas materias de Distribución Comercial e Retail, polo traballo ‘Factores que inflúen na experiencia de compra en liña de produtos alimentarios’, desenvolvido baixo a titoría do profesor Fernando Losada, da área de Organización de Empresas e Comercialización.

O traballo fin de grao presentado por este titulado sarriao e distinguido polo cátedra ovetense afonda no coñecemento sobre as motivacións de compra de alimentos en liña, un sector rezagado ata o de agora no que a compras online se refire. Neste estudo, que se encadra na liña de investigación sobre marketing dixital no sector alimentario, que capitaliza boa parte do labor científico que desenvolve o persoal investigador integrado na Área de Comercialización e Investigación de Mercados do Campus de Lugo, o autor emprega a análise dos comentarios realizados polos consumidores en plataformas en liña para extraer os factores que inflúen na experiencia do cliente.

Os resultados acadados por Adrián No Pérez, que este curso ampliará a súa formación na sede universitaria luguesa co mestrado en Dirección de Empresas, avalan os resultados de investigacións previas e indican que os consumidores en liña manifestan un elevado interese pola entrega do produto, sendo especialmente destacable a flexibilidade do envío, como se realiza ou a tardanza do tempo de entrega.

Neste senso, sinala No Pérez, os consumidores perciben positivamente que os gastos de envío sexan gratuítos e que non exista ningún outro tipo de custe adiciona. Asemade, no TFG galardoado pola Cátedra Fundación Areces de Distribución Comercial da Universidade de Oviedo tamén se demostra que a experiencia está influenciada pola calidade do servizo e, concretamente pola facilidade de uso da páxina web. Daquela, engade ou autor, os consumidores valoran a experiencia de usuario do proceso de compra, o grao de personalización do proceso, e que exista unha atención ao cliente rápida e eficiente.

A investigación desenvolvida por Adrián No releva tamén que o comprador de alimentos en liña responde a un perfil de persoas preocupadas por adquirir alimentos nunhas condicións óptimas para unha alimentación variada e saudable. Son consumidores que teñen un interese especial por produtos alimentarios ecolóxicos, de producción artesanal e local; premian a variedade, a calidade e a procedencia, en detrimento do prezo ou da existencia de promoción e ofertas.

Ademais, de xeito máis específico, as características do produto seguen a ser moi valoradas á hora de realizar compras en liña. Daquela, a presentación, a calidade e o sabor son dos aspectos máis importantes para tomar a decisión de compra. Asemade, este perfil de consumidor tamén lle dá moita importancia á conservación dos alimentos durante o proceso de entrega dos mesmos, e non ven un impedimento para mercar en liña o feito de que non existan a posibilidade de devolución.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16070699691772