A charla coloquio 'Inclusión escolar do alumnado con necesidades educativas especiais' é este sábado

SarriaXa
A Plataforma Diversidade Funcional Infantil da Comarca de Sarria organiza unha charla coloquio este 20 de abril, sábado, a través do título ‘Inclusión escolar do alumnado con necesidades educativas especiais’.
exposición Casa da Cultura Sarria discapacidade
16 Apr 2024

A Plataforma Diversidade Funcional Infantil da Comarca de Sarria organiza unha charla coloquio este 20 de abril, sábado, a través do título ‘Inclusión escolar do alumnado con necesidades educativas especiais’.

A cita desenvolverase na Casa da Cultura de Sarria desde as 11.00 ás 13.30 horas de maneira gratuíta e estará dispoñible un espazo infantil ao lado do salón de actos, onde terá lugar a charla para aquelas persoas que veñan con nenas e nenos.

As persoas encargadas de guiar esta xornada son Esther Rodríguez, mestra de Pedagoxía Terapéutica e orientadora educativa; Andrea López, mestra; e Adrián Jacob Vázquez, psicopedagogo.

https://galiciaxa.com/2024/04/sxa/sec-sxa/cul-sxa/263196/

0.15150785446167