A charla Igualdade e loita contra a Violencia de Xénero no medio rural chegou ao Incio
A área de Muller da Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti da provincia de Lugo –Mujeres Veciñais, que dirixe María del Carmen Casasnovas García, impartiu unha charla-coloquio baixo o título Igualdade e loita contra a Violencia de Xénero no medio rural, tal e como vén facendo durante os pasados meses do presente ano 2021 ao longo de toda a provincia de Lugo e que seguirá facendo.
A charla realizouse no local social de Vila de Mouros, no concello lucense do Incio. Esta actividade realízase en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, e pretende concienciar na prevención dunha das grandes secuelas sociais que nos axexan na actualidade: o drama da Violencia de Xénero, e focalizala no ámbito rural.
Doutra banda, tamén e a continuación da charla-coloquio anteriormente indicada, Ecoembes dirixirá, con Francisco Javier Otero, unha exposición e posterior coloquio centrado na concienciación acerca da importancia na reciclaxe de residuos e o seu impacto no Medio Ambiente.