A CHMS finalizou os traballos de limpeza de leito e marxes do río Neira
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finalizou os traballos de limpeza de leito e marxes do río Neira ao seu paso por Láncara.
Estas actuacións, incluídas na programación de conservación do Dominio Público Hidráulico (DPH) dos ríos da Demarcación Miño-Se, supuxeron un investimento de 49.000 euros.
Na inspección previa observouse ao longo de todo o tramo, que se inicia nos arredores da central de Valdriz, ata a confluencia co río Sarria, a existencia de árbores caídas no leito, que nalgún caso provocaban a acumulación de restos arbóreos, tamén a de árbores secas, inclinados ou con estabilidade comprometida e algúns chopos de gran porte que presentaban certa inclinación.
As tarefas principais realizadas consistiron na retirada das árbores secas, derrubados ou con estabilidade comprometida e na eliminación de elementos arrastrados pola corrente obstructores do leito, co interese de mellorar a capacidade de desaugadoiro. No caso de curtas de amieiros, aplicáronse as medidas ou recomendacións profilácticas co obxecto de evitar a propagación de Phytophthora alni.
A intervención, de natureza puntual e selectiva, abarcou máis de 3,2 km de río e foi realizada a solicitude dunha Asociación Veciñal.