A CHMS mantén á provincia en estado de prealerta pola seca

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
En agosto producíronse restricións e necesidade de abastecemento con cisternas en núcleos/aldeas de 44 municipios da demarcación; por outra banda, recibíronse e resolveron 20 solicitudes de aproveitamentos temporais, a maior parte para uso gandeiro.
mapa seca galicia portada
7 Sep 2022

En agosto producíronse restricións e necesidade de abastecemento con cisternas en núcleos/aldeas de 44 municipios da demarcación; por outra banda, recibíronse e resolveron 20 solicitudes de aproveitamentos temporais, a maior parte para uso gandeiro. Estamos ante o ano hidrolóxico máis seco da serie 1980-2021; similares ao actual serían os anos 2002, 2005, 2011, 2012 e 2017, o que evidencia os efectos adversos do cambio climático.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) celebrou a VIII reunión da Oficina/Mesa Técnica da Seca da CH Miño-Sil, constituída o pasado mes de febreiro.

Neste ano hidrolóxico 2021/22 a precipitación acumulada media na Demarcación Miño-Sil é de 641,0 l/m2, un 42 % por baixo da media histórica. Durante o mes de agosto rexistrouse unha precipitación media de 25,6 l/m2, un 21 % inferior ao valor medio.

Os encoros atópanse ao 47,62 % da súa capacidade máxima, un 2,26 % maior que a cantidade de auga embalsada hai un ano e un 13,89 % menor que a enchida media histórica. Os caudais circulantes están un 35 % por baixo da media histórica.

“A falta de choiva provoca que esteamos ante o ano hidrolóxico máis seco da serie histórica 1980-2021; aínda que similares ao actual serían os anos 2002, 2005, 2011, 2012 e 2017, o que evidencia os efectos adversos do cambio climático” ha explicado o José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.

Situación

Tendo en conta todo o anterior e conforme ao PES – Plan Especial de Seca-, os escenarios actuais son de Normalidade no Baixo Miño; de Prealerta na conca do Sil Superior e Inferior e Miño Alto; e de Alerta na concas dos ríos Cabe e Limia. Por tanto a diferenza estriba en que a conca lucense do Miño entra no escenario de Prealerta.

Problemática e recomendacións

Producíronse restricións e necesidade de abastecemento con cisternas en núcleos de 44 municipios da demarcación. Así mesmo, na maior parte do territorio, os Concellos prohibiron os usos non prioritarios, como o baldeo de rúas, rega de xardíns, enchido de piscinas, lavado de coches ou as fontes públicas, tal e como se recomendou desde este organismo.

Por outra banda, resolvéronse 20 solicitudes de aproveitamentos temporais con captacións alternativas, a maior parte delas para uso gandeiro.

As predicións a medio prazo, ata o 30 de novembro, fan prever que a situación de seca vai continuar, ao coincidir todas elas na maior probabilidade de que o próximo trimestre (setembro-novembro) as precipitacións sexan inferiores ás habituais. Neste sentido, desde a CHMS, seguimos insistindo na necesidade de facer un uso eficiente da auga e tómense tomas as medidas necesarias por parte dos usuarios para consumir o recurso estritamente necesario.

Como recomendacións xerais, desde a CHMS lembraremos aos Concellos a necesidade de manter o uso sostible da auga e a aplicación de medidas de aforro que xa están a levar a cabo; evitando baldeo de rúas, rega de xardíns, campos de deportes, eliminación de fontes, entre outras medidas. Ademais, enviarán de novo escritos ao resto de Usuarios da auga, como Comunidades de Regadores e empresas hidroeléctricas, instándolles a executar accións que melloren a eficiencia na utilización deste recurso.

“A adopción de medidas e o concienciar á poboación desde os concellos, ao uso racional e responsable da auga, é fundamental sempre e sobre todo ante escenarios de SECA como o actual”, concluíu o presidente da CHMS.

mapa seca galicia

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15083885192871