A CHMS mellorou a capacidade de desaugadoiro dos ríos de Triacastela

SarriaXa
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) investiu máis de 100.
CHMS Triacastela
9 Mar 2024

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) investiu máis de 100.000 euros na mellora da capacidade de desaugadoiro dos ríos de Triacastela. Os traballos foron executados nos leitos da Balsa, Santalla, Oribio e Tras da Pena, nun total de máis de 11,5 quilómetros.

Na inspección previa realizada observouse a necesidade de mellorar, tanto a capacidade hidráulica do leito como a composición da vexetación de ribeira, ademais de detectar gran cantidade de madeiras inertes e tapóns illados.

Para solucionalo, procedeuse á retirada de árbores secas, enfermos ou con estabilidade comprometida que presentaban perigo de caída ao leito e que poderían afectar a infraestruturas próximas. Tamén se realizaron rozas selectivas de matogueira perimetral, poda e clarexo de ramas baixas e curta sanitaria de pés secos para evitar tapóns.

Como complemento a estas actuacións, para 2024, en canto o caudal permita traballar con seguridade, executarase unha nova actuación no regato da Balsa, lindeiro co Camiño de Santiago, cunha previsión inicial de execución para o mes de xuño.

0.17419099807739