A CHMS recuperará a antiga Ponte Ribeira de Sarria con case 900.000 euros
SarriaXa
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil dedicará 872.
14 Feb 2024
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil dedicará 872.297 euros para recuperar a antiga Ponte Ribeira de Sarria grazas a un convenio co Concello.
Os traballos para levar a cabo estes traballos consistirán na posta en valor e consolidación da ponte a partir dos restos da súa fabricación, incluíndo a reparación dos danos, a retirada de engadidos que alteraron a súa forma orixinal e repoñer elementos con materiais contemporáneos.
Así, todo isto deberá acometelo a CHMS nun prazo de oito meses, retirando neste tempo a actual ponte metálica que se puxo en 2022 de forma provisional e abrir por fin a ponte que leva oito anos neste estado.