A cidadanía de Sarria quéixase do estado do Parque do Chanto
SarriaXa
A cidadanía de Sarria quéixase do estado do Parque do Chanto nun grupo de Facebook no que apuntan á falta de civismo
15 Mar 2023
Veciños de Sarria quéixanse das condicións nas que se atopa o Parque do Chanto, que presenta graves desperfectos pola “falta de coidado dalgúns cidadáns”, apuntan.
Así, algúns dos sarriaos falaron nun grupo de Facebook de información sobre o municipio que esta situación repítese con asiduidade.
Algúns defenden que se debería dotar a Sarria de cámaras de videovixilancia en zonas estratéxicas como o Chanto, o Campo da Feira, o Malecón… como, din, xa se fai en outras cidades luguesas.
Porén, case todos os participantes da conversa compartiron a opinión de que existe “unha gran falta de educación” na vila sarriá.