A Ciencieneta chega a Triacastela con obradoiros, música e espectáculos científicos

SarriaXa
A actividade, de carácter totalmente gratuíto, terá lugar a partir das 15:30 horas no polideportivo do CEIP Eduardo Cela Vila
Ciencieneta-Triacastela
29 Aug 2025

Triacastela acollerá unha cita especial coa ciencia e o entretemento. Trátase da visita da Ciencieneta, unha furgoneta científica itinerante que percorrerá Galicia para achegar a ciencia de maneira divertida a todas as idades.

A actividade, de carácter totalmente gratuíto, terá lugar a partir das 15:30 horas no polideportivo do CEIP Eduardo Cela Vila. O programa inclúe obradoiros, espectáculos e música, co obxectivo de combinar aprendizaxe e diversión.

O evento está organizado pola Asociación Asíntota e conta coa colaboración do Concello de Triacastela, ademais da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

⚙ Configurar cookies
0.15746402740479