A CIG-Ensino denuncia a "discriminación" de varias escolas rurais da provincia

TerraChaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación discrimina o alumnado do rural en varias escolas da provincia
16 Jun 2023

A diferente atención educativa entre o alumnado dependendo da súa zona de residencia é unha realidade en todas as etapas educativas, coa evidencia dun medio rural claramente prexudicado na oferta educativa. Un estudo elaborado pola CIG-Ensino detectou que até unha vintena de escolas unitarias están discriminadas ao carecer do profesorado especialista co que si conta o alumnado escolarizado en centros con máis unidades.

Do informe sindical despréndese que hai 13 unitarias da provincia de A Coruña e 3 da provincia de Lugo quen non teñen docentes especialistas de Educación Física nin Música. Son as unitarias de Rorís, Camelle, Tabeaio, Brens, Pazos, Bemantes, Olas, Visantoña, Pousada, Ombre, Seráns, Torres e Castromil, todas na provincia da Coruña así como as escolas Antía Cal Vázquez,  As Nogais, e Eduardo Cela na provincia de Lugo. Existen tamén outros 4 centros da provincia de Lugo (Lousada, Ricardo Gasset, Uxío Novoneira e Samos) non contan con especialista de Música.

"Ao proceso de peche continuado durante a última década de escolas nas zonas rurais do país por parte do goberno do PP, únese un trato discriminatorio nestas unitarias, o que fai que se evidencie que as pretendidas políticas de defensa do rural por parte do goberno do partido popular na Xunta de Galiza son propaganda baleira de medidas efectivas", din.

Da información recabada pola CIG-Ensino destacan tamén as demandas que nos trasladan as mestras e mestres ao cargo de escolas unitarias en referencia ás carencias  de profesorado para a atención da diversidade, xa que a atención por parte dos departamentos de orientación compartidos e xa sobrecargados de traballo nos propios centros base non é suficiente , quedando as unitarias nun papel secundario na atención ao alumnado con necesidades de apoio.

Desde a CIG-Ensino esiximos, de novo, unha atención diferenciada e preferente ao ensino rural galego, con políticas que eviten o peche de aulas, que garantan un trato en igualdade de condicións ao longo de todo a vida escolar do alumnado.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15390110015869