A comarca de Sarria queda fóra das alertas por covid
A provincia continúa reducindo o número de casos activos de covid de forma notoria a tres días de que se levantes as restricións da Xunta de Galicia deixando tres concellos en alerta máxima, A Pontenova, O Corgo e Guitiriz,
Así, este luns son 767 casos activos, que son 28 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 43.
Rexistráronse nas últimas 24 horas 30 casos novos (onte foron 36). Ademais, as altas chegaron ás 10.619, 58 en 24 horas, o día anterior foron 78.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.590 casos rexistrados e 199 persoas falecidas, unha máis, un home de 91 anos no Hula.
A presión hospitalaria rebaixa pouco. Nas UCI hai 19 ingresados (2 menos), todos no Hula, e en planta hai 43 enfermos, 32 (3 máis) no hospital de Lugo, 6 na Mariña e 4 en Monforte (2 menos). O Polusa de Lugo rebaixa de 2 a 1 ingresado.
POR COMARCAS
A Mariña
Cando a covid parecía eliminada, A Pontenova rexistra 12 casos e é un dos tres concellos da provincia que seguirá en alerta máxima con todo pechado.
- Viveiro segue reducindo os casos con 12 en total, 1 menos que onte.
- A Pontenova mantén os 12 casos de onte en máxima alerta.
- Trabada e Alfoz seguen sen casos novos e únese Xove.
Terra Chá
A comarca mantén un concello en alerta máxima, Guitiriz e outro en alerta media, Outeiro de Rei, que subiu os últimos días ata 17 casos novos.
- Vilalba mantén 24 casos, os mesmos de onte.
- Guitiriz reduce 5 casos e queda en 106 e segue en máxima alerta.
- Outeiro de Rei tamén opta por manter 17 casos e seguirá en alerta media.
- Pol, Abadín e Xermade están sen casos novos nos últimos quince días.
- No veciño Concello das Pontes sobe 1 caso ata 34.
Centro da provincia
Lugo volve á senda da redución de casos de covid e pola sua incidencia queda fóra das zonas de alerta. Non así O Corgo, que malia reducir, ten aínda 21 casos e se lle aplica a máxima restrición polo momento. Guntín e Baralla, malia estar por debaixo de 10 seguirán en alerta media.
- Lugo reduce novamente 1 caso e queda en 235 en total.
- O Corgo reduce un caso para quedarse en 21 e seguirá en alerta máxima.
- Guntín volve a ter menos de 10 pero aínda así queda en nivel medio de alerta, o mesmo que Baralla.
- A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como A Fonsagrada. Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia Cervantes e Ribeira de Piquín. Tamén Antas de Ulla está nesta situación.
Comarca de Sarria
Todos os concellos quedan fóra dos grados de alerta.
- Sarria reduce novamente un caso ata 13.
- Samos, Triacastela, O Incio, Paradela e O Páramo están xa sen casos novos dende hai 15 días.
Ribeira Sacra
Monforte, malia estar á baixa, manterá o estado de alerta media polo volume de casos, 58, o mesmo nivel que se manterá en Sober e A Pobra de Brollón malia ter menos de 10.
- A vila de Monforte contabiliza hoxe 58 casos, 2 menos.
- Sober e A Pobra de Brollón, malia estar por debaixo de dez casos, quedan en alerta media.
- A Bóveda e Folgoso do Courel únense Chantada e Ribas do Sil sen casos dende hai máis de 15 días.