A compañía 57 palabras representará a comedia 'Fuga' na Casa da Cultura de Sarria

SarriaXa
O Circuíto de Teatro Afeccionado impulsado dende a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega esta semana a Sarria.
Casa da Cultura Sarria
29 Nov 2023

O Circuíto de Teatro Afeccionado impulsado dende a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega esta semana a Sarria. O grupo 57 palabras levará a cabo a representación de 'Fuga' na Casa da Cultura o 3 de decembro a partir das 20.00 horas.

Trátase dunha comedia de acción dirixida para todos os públicos a partir de 14 anos escrita por Jordi Galcerán e dirixida por Patricia Neira. Achega unha historia na que ninguén é o que parece. Un grupo de timadores intenta estafar a un político caído en desgracia pola súa ambición, pero este tampouco é tan parvo coma eles pensan, ou iso cre el.

Con este fío argumental, abórdanse temas serios cun tono de humor, como a infidelidade, a corrupción, a dependencia, a avaricia e a procura do amor. A intriga manterase ata o final.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14553093910217